logotipo_escuela_de_musica_bieito_blanco
Nuestro director
Todos os instrumentos

O noso director

Director

Bieito Blanco Gándara

Naceu en Calvos de Randín (Ourense), no ano 1962.

Aos dez anos iniciou os seus estudos musicais no Seminario Menor de Ourense, onde estuda solfexo, piano e canto coral.

Durante varios anos viaxa a Madrid para estudar acordeón co Profesor Gregorio López Peiteado. Continúa a súa formación en piano e acordeón no conservatorio de Ourense e posteriormente no Conservatorio Superior de Música de Barcelona, onde alcanza o título de Profesor.

Nesta etapa de formación recibe varios premios en distintos certames, destacando o primeiro premio de investigación do conservatorio profesional de Ourense polo traballo “Vida e obra de Mozart”. Tamén realizou estudos de música coral co mestre Rubén Martínez (Subdirector do coro de RTVE).

A súa vida profesional transcorre como músico en distintas agrupacións percorrendo a xeografía Europea, así como director de formacións corais e profesor de solfexo, piano e acordeón.

Desde o ano 1997 dirixe a súa propia escola de música, recoñecida pola Xunta de Galicia.

¿Con ganas de aprender algo novo?

gl_ESGalician
Scroll ao inicio